Curso de Prevención en Riscos Laborais (Sector da Construcción)

13/02/2012
Programa Aula Concello
O vindeiro 27 de febreiro dará comezo o Curso  de Prevención en Riscos Laborais para  traballadores ou demandantes de  emprego relacionados co Sector da  Construcción. Dita Acción Formativa  permitirá aos usuarios optar a  Tarxeta Profesional da Construcción  (TPC) de cumprir os requisitos  axeitados. A modalidade combina  formación presencial e a distancia, cunha duración total de 60 horas.
   
  Todos os   Cursos  pertencentes ao Programa Aula Concello están a    disposición   dos usuarios  da Bolsa de Emprego, se está interesado nalgún    en   concreto e todavía non  pertence ao Sevizo, non o dubide e   achéguese  a   Oficina Municipal de  Emprego no edificio Multicentro de   Torneiros, e    lle informaremos de todo  o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e  e  leva algún tempo sen acudir ao Servizo,  sería aconsellable que se   achegue ata a Oficina e actualice o seus datos na Bolsa así como se   anote nas  solicitudes do Programa Aula Concello.
  










