Foro de Experiencias
![]() |
Inspírate, aprende e descubre novas oportunidades
Queres saber que buscan realmente as empresas? Mellorar nas entrevistas? Descubrir novas oportunidades? Inspirarte con profesionais que coñecen de primeira man o mercado laboral?
O Foro de Experiencias está pensado para axudarche precisamente niso.
Ao longo da xornada poderás asistir a relatorios, obradoiros e sesións dinámicas nas que diferentes profesionais compartirán experiencias, consellos e ferramentas prácticas para afrontar con máis confianza os retos do mundo laboral actual.
Un espazo para aprender, inspirarte e descubrir novas perspectivas para o teu futuro profesional.
Relatorios e sesións destacadas
Universidade de Vigo
“Oferta formativa e itinerarios formativos”
Coñece as posibilidades formativas e os diferentes camiños académicos e profesionais que ofrece a Universidade de Vigo.
Joaquín Dosil
“Claves para facer entrevistas de traballo impactantes”
Descubre ferramentas e consellos prácticos para afrontar entrevistas con máis seguridade, confianza e capacidade de comunicación.
Talent Briefing
Necesidades reais de talento no mercado laboral
Queres saber que perfís están buscando actualmente as empresas?
Nesta sesión diferentes compañías compartirán as competencias máis demandadas, os perfís profesionais que necesitan e as oportunidades que ofrece o mercado laboral actual.
Unha oportunidade para coñecer de primeira man cara onde evolucionan as empresas e que habilidades poden marcar a diferenza.
Pedro Rodríguez
“Motivación e habilidades para a búsqueda de emprego: descubre o teu océano”
Un obradoiro práctico orientado a potenciar habilidades persoais e profesionais clave para mellorar a empregabilidade.
“O teu talento en 2 minutos”
Tes 2 minutos para destacar o mellor de ti.

Nun formato dinámico e directo, poderás presentar o teu perfil diante de profesionais de selección de ABANCA e mostrar as túas habilidades, motivación e potencial profesional.
Unha oportunidade real para dar visibilidade ao teu talento.
Se queres participar, envía previamente o teu currículo a: conecta.talento@oporrino.org
Emilio Duró
“Vivir con sentido, optimismo e esperanza”
Se algunha vez sentiches dúbidas sobre o teu futuro profesional, falta de motivación ou incerteza ante os cambios, esta conferencia é para ti.
Emilio Duró, un dos relatores máis recoñecidos no ámbito da motivación e o desenvolvemento persoal, chegará a O Porriño Conecta Talento cunha sesión chea de enerxía, reflexión e ferramentas para afrontar os retos profesionais doutra maneira.
Falaremos de actitude, confianza, adaptación ao cambio e da importancia de manter a motivación incluso nos momentos máis difíciles.
Porque buscar oportunidades tamén require crer en ti, recuperar impulso e mirar o futuro con outra perspectiva.
Un espazo para impulsar o teu futuro
Se queres descubrir novas oportunidades, inspirarte con historias reais e levarte ideas e ferramentas que poidan axudarche no teu futuro profesional, o Foro de Experiencias está pensado para ti.

.jpg??20241008-1)