Formación para adultos




Que son?

Son clases de apoio gratuítas, impartidas polo Concello do Porriño e finaciadas pola Xunta de Galicia, para superar as probas oficiais do Graduado en Educación Secundaria.


Canto dura?

As clases deron comezo o pasado día 3 de marzo no Multicentro de Torneiros e prolongaranse ata o 22 do mes de setembro.


Para quen?

Para todas aquelas persoas maiores de 18 anos, e excepcionalmente, os maiores de 16 anos que o soliciten e teñan un contrato laboral que non lles permita acudir aos centros educativos en réxime ordinario ou deportistas de alto rendemento.


Onde facer a solicitude?

As persoas interesadas deben indicalo na Concellaría de Emprego, previa cita:
Multicentro de Torneiros. Ribeira, s/n
Teléfonos: 986 338 217 – 986 338 905
Email: administracion@porremprego.org
De luns a venres de 08: 30h a 14: 30h.