O Porriño Conecta Talento



Conecta co teu futuro profesional


O próximo 19 de maio, o Polideportivo Municipal do Porriño converterase nun gran punto de encontro para persoas con ganas de descubrir oportunidades, coñecer empresas, inspirarse e dar un paso máis no seu futuro profesional.

Se buscas emprego, queres orientarte, descubrir novas opcións formativas ou simplemente entender mellor cara onde vai o mercado laboral, este evento é para ti.

Ao longo do día poderás:

• Coñecer máis de 50 empresas e entidades formativas
• Descubrir oportunidades de emprego e formación
• Participar en entrevistas con empresas
• Asistir a relatorios e sesións inspiradoras
• Aprender claves para mellorar a túa empregabilidade
• Participar no Talent Pitch de ABANCA presentando o teu talento en 2 minutos
• Crear contactos profesionais e ampliar oportunidades no noso espazo de Networking

Un evento para ti

Tanto se buscas emprego, orientación, formación ou novas oportunidades, O Porriño Conecta Talento é o lugar perfecto para conectar coas persoas, empresas e ferramentas que poden axudarte a avanzar.

Porque ás veces unha conversa, unha idea ou un contacto poden cambiar o rumbo do teu futuro profesional.

19 de maio de 2026
Polideportivo Municipal do Porriño
Entrada libre e gratuíta


[Descargar programa completo]