Ofertas de emprego

Oferta 26/26 Oferta activa
Conductor de camion C+E O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal (3 meses ampliable a indefinido) 25/02/2026
Procuramos un chofer para desenvolver labores de transporte con vehículo pesado. As labores serán as propias do posto como a conducción de camión con tráiler ou conxunto articulado para o transporte de mercadoría cumplimentando as rutas asignadas de acordo coas instruccións operativas facilitadas por parte da empresa. Requisitos: Carné C+E, CAP actualizado, tarxeta de tacógrafo dixital, un ano de experiencia e dominio do sistema GPS. Valorable: Formación ADR Xornada: Partida, 09:00-14:00 15:00-18:00
Oferta 24/26 Oferta activa
Chapista Vigo
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 24/02/2026
Procuramos 1 chapista para avaliación de danos, desmontaxe, xestión de pezas, reparación e soldadura, aplicación de masilla, lixado, enmascarado e montaxe final. Tipo de contrato indefinido, salario según convenio do metal, xornada continua de luns a venres de 9.00 a 17.00 h. Requisitos: experiencia en funcións similares, carné de conducir e vehículo propio.
Oferta 25/26 Oferta activa
Pintor Vigo
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 24/02/2026
Procuramos 1 pintor para preparación de superficies, enmascarado, colometría e mezcla, aplicación de pintura, acabado e pulido. Data de incorporación inmediata, contrato indefinido, salario según convenio do metal, xornada continua de luns a venres de 9.00 a 17.00h. Requisitos: experiencia laboral con funcións similares, carné de conducir e vehículo propio
Oferta 23/26 Oferta activa
Operario de máquina de pregado O Porriño
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Indefinido 20/02/2026
Procuramos un operario para prepar, axustar e operar máquinas pregadoras (Tanto hidráulicas como CNC). Entre as funcións a realizar están as de interpretación de planos técnicos e ordenes de fabricacion, verificacion e control de calidade das pezas e reaxustes de maquinaria. A xornada é continua rotativa con turnos de 06:00 a 14:00 e de 14:00 a 22:00. Como requisitos a posesion dun ciclo superior de estructuras mecánicas, experiencia dun ano, coñecementos de inglés e certificación de 60h en prevencion de riscos laborais.
Oferta 22/26 Oferta activa
Operario/a carretillero retráctil Moaña
Nº de postos: 10 | Tipo de contrato: Temporal 19/02/2026
Procuramos operarios/as de carretillera retráctil para inventario de alimentación, proxecto de curta duración para fin de semana. Data de incorporación no mes de marzo, turno de noite venres e sábado e turno de tarde sábado e domingo. Requisitos: certificado vixente en manexo de carretilla retráctil, experiencia en realización de inventarios, experiencia dun ano coa carretilla retráctil e dispoñobilidade inmediata.
Oferta 21/26 Oferta activa
Operario sector pedra O Porriño
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Temporal 13/02/2026
Procuramos 2 postos de operario de sector pedra para manexo de diferentes máquinas. Contrato temporal con posibilidade de estabilidade, turnos de 6 a 14 e de 8 a 17. Requisitos: experiencia no sector.
Oferta 18/26 Oferta activa
Oficial Especialista en Serigrafía O Porriño
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Temporal (3 meses) 12/02/2026
Procuramos dous especialistas en serigrafía con canda menos dous anos de experiencia nun posto similar. As funcións a realizar son as de recogida de formatos en salida de horno, preparación de moldes, recollida e distribución de material fabricado e control de calidade, entre outras. Á xornada laboral é continua con turnos rotativos mañan-tarde.
Oferta 19/26 Oferta activa
Operario de tripería O Porriño
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Temporal (3 meses) 12/02/2026
Procuramos dous operarios para unha empresa de tripería, traballo en cadea e corte con coitelo. Xornada continua e turno de mañan, contrato temporal cunha duración en torno os 3 meses.
Oferta 20/26 Oferta activa
Operario de automoción Vigo
Nº de postos: 20 | Tipo de contrato: Temporal 12/02/2026
Procuramos operarios de automoción para cadea de producción. Contrato temporal, turnos rotativos mañán, tarde noite e fines de semana. Requisitos: vehículo propio e dispoñibilidade horaria, non ter traballado previamente no sector do conxelado, estar en situación de desemprego e por razóns de ergonomía estar entre 1,65-1,85.
Oferta 16/26 Oferta activa
Comercial de seguros O Porriño
Nº de postos: 3 | Tipo de contrato: Indefinido 10/02/2026
Procuramos tres persoas para o posto de comercial de seguros na localidade de O Porriño, non se require experiencia previa.