Ofertas de emprego

Oferta 115/26 Oferta activa
Auxiliar de axuda no fogar O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 07/09/2026
Procuramos 1 auxiliar de axuda no fogar que sexa a responsable de prestar apoio no aseo e no levantamento da persoa usuaria, así como de facilitar a realización das actividades básicas da vida diaria, promovendo, na medida do posible, a súa autonomía e benestar. Tamén prestará apoio nas tarefas relacionadas coa alimentación e colaborará na realización das tarefas domésticas básicas necesarias para manter un contorno adecuado, seguro e confortable. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal, horario: de luns a venres, e domingos, de 09:30 - 11:30 e de 12:00 - 14:00. Requisitos: posuir o certificado de profesionalidade, ter o carné de conducir e vehículo propio.
Oferta 116/26 Oferta activa
Montador de estructuras metálicas O Porriño
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Indefinido 07/09/2026
Procuramos 2 montadores de estructuras metálicas que se encarguen das seguintes funcións montaxe de estruturas metálicas para invernadoiros, así como o montaxe e instalación de sistemas de rega en invernadoiros, viñedos ou plantacións de aguacates. Tamén se realizarán traballos básicos de albanelería, como cimentacións e colocación de bloques ou ladrillos. Ademais, o posto inclúe a recollida, preparación e carga de pedidos de materiais, tanto no propio almacén da empresa como nas instalacións dos provedores. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: inedifinido, horario: de luns a venres 08:00 - 13:00 e de 15:30 - 18:30. Requisitos: ter carné de conducir e vehículo propio.
Oferta 112/26 Oferta activa
Coordinador de almacén O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 02/09/2026
Procuramos 1 coordinador/a de alamacén con experiencia en loxística e xestión de equipos, afeito/a a coordinar a operativa diaria do almacén, controlar o inventario, garantir o cumprimento dos estándares de seguridade e asegurar o correcto fluxo de materiais, expedicións e recepcións. É importante que a persoa candidata teña dispoñibilidade total e flexibilidade horaria, xa que o posto dá soporte a un equipo de 4 persoas e require rotación entre as distintas quendas de traballo: mañá, tarde, noite e fins de semana. Data de insorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal. Requisitos: ter un 1 abno de exepreicnia no posto, e ter o carné de conducir e vehículo propio.
Oferta 104/26 Oferta activa
Carretilleiros O Porriño
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Temporal (6 meses) 17/08/2026
Procuramos a 2 carretilleiros que se dediquen á recepción e colocación da mercancía, embalaxe e expedición, carga e descarga de mercancías con carretilla elevadora. Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal (6 meses), xornada laboral: continua, 07:00 - 15:00. Requisitos: ter un certificado de discapacidade dun 33% ou máis, ter o carné de carretilleiro, e ter una experiencia de 6 - 12 meses.
12