Cursos xuventude
Que son?
Son cursos gratuítos, dirixidos a xuventude do Porriño, financiados pola Deputación de Pontevedra, co fin de potenciar a súa integración no mundo laboral e ademais conseguir un maior enriquecemento cultural e persoal.
Para quen?
Para os mozos e mozas de 16 a 35 anos (ambos inclusive), residentes no Concello. Tamén aquelas persoas que non cumpran o requisito de idade, pasando a formar parte da lista de agarda que será utilizada no caso de que houbese prazas vacantes.
Onde facer a solicitude?
As persoas interesadas deben indicalo na:
Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX):
Centro Cultural Municipal do Porriño (Biblioteca)
C/ Domingo Bueno, 9 Teléfono: 986 337 624
Concellería de Emprego
Multicentro de Torneiros. Ribeira, s/n
Teléfonos: 986 338 217 – 986 338 905
Email:administracion@porremprego.org
De luns a venres de 08: 30h a 14: 30h.