Porremprego.org - AVISO LEGAL

O titular deste sitio web és o Concello do Porriño, con enderezo en C/ Antonio Palacios, 1. Porriño, O. 36400 Pontevedra;

 

Porremprego.org - POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos persoais?

Responsable

Identidade: Concello do Porriño [P3603900F]
Dirección Postal: C/ Antonio Palacios, 1. Porriño, O. 36400 Pontevedra
Teléfono: 986335000
Correo electrónico: gabinete.alcaldia@oporrino.org

Delegado de Protección de Datos
Datos de contacto: dpd@oporrino.org
Correo postal: Rexistro Xeral. C/ Antonio Palacios, 1. Porriño, O. 36400 Pontevedra

Con que finalidade tratamos os seus datos?
A xestión dos servizos de emprego público e a tramitación administrativa que no seu caso se poidan derivar da mesma.

Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Almacenamos os datos durante o tempo necesario para poder cumprir coas obligación legais que encomenda a normativa administrativa, e sempre, cumprindo polo menos co tempo mínimo de conservación da información. De conformidade co regulado no artigo 26 da LOPD-GDD será lícito o tratamento por esta Entidade dos datos con fins de arquivo en interese público, sempre cumprindo coa normativa vixente de arquivos e documentación.

Existencia de decisións automatizadas?
Elaboraremos un perfil de maneira non automatizada, para determinar a pertenza do seu perfil a un posto de traballo concreto.
Esta Entidade traballa mediante unha actuación administrativa automatizada baseada na cobertura legal que lle outorga o artigo 41 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. Sería calquera acto ou actuación realizada integramente a través de medios electrónicos no marco dun procedemento administrativo e na que non interveña de forma directa una persoa.
Deberá de regularse a toma de decisións automatizadas nunha normativa propia, definindo na mesma as especificacións, programación, mantemento, supervisión e control de calidade. Dita normativa estará a disposición dos cidadáns na sede electrónica desta Entidade.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais?
Consentimento da persoa interesada (artigo 6.1,a do RGPD)
Exercicio dos poderes públicos conferidos ao Responsable (artigo 6.1,e do RGPD)
Ley 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

A que destinatarios comunicaranse os seus datos?
Os datos comunicaranse a outras Administracións Públicas sempre que sexa necesario para cumprir cos fins enumerados anteriormente, sempre que exista normativa legal que o ampare.

Cales son os seus dereitos en relación cos datos facilitados?
Calquera persoa ten dereito a obter información sobre se nesta Entidade se están tratando os seus datos persoais ou non.
As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, ao prazo de conservación dos seus datos, mesmo a obter una copia dos datos obxecto do tratamento.
Así mesmo, ten dereito de rectificación dos datos se son inexactos. (Por exemplo, pode solicitar una rectificación do seu domicilio, un cambio de nome, etc.).
Os interesados teñen dereito á limitación do tratamento, para iso deberán de solicitalo ao responsable, o cal deberá de suspender o tratamento dos datos cando os cidadáns soliciten a rectificación ou supresión dos seus datos, ata que se resolva a súa solicitude.
Os interesados poderán exercer o dereito de supresión (dereito ao esquecemento) sempre que se dean as circunstancias enumeradas no RGPD e segundo o regulado no artigo 15 da LOPD-GDD.
O afectado pode exercer o dereito de oposición ao tratamento, sempre por motivos relacionados coa súa situación persoal, coa excepción do que se acredite un interese lexítimo, ou sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións. Igualmente, cando o tratamento teña por obxecto a mercadotécnica directa.
O interesado terá dereito á portabilidade a obter os datos nun formato estruturado, de uso común e de lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento cando o tratamento estea baseado no consentimento ou se efectúe por medios automatizados
Os interesados poderán exercer os dereitos enumerados nos parágrafos anteriores, remitindo á mesma un escrito por correo postal ou a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica desta entidade.

Cando podo exercer o dereito de reclamación ante a Autoridade de Control?
Poderá presentar reclamación ante a Autoridade de Control en materia de Protección de Datos competente, especialmente cando non obteña satisfacción no exercicio dos seus dereitos, mediante escrito dirixido á Axencia Española de Protección de Datos, C/Jorge Juan núm. 6, 28001 Madrid ou ben accedendo á súa sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/

Porremprego.org - POLÍTICA DE COOKIES

Porremprego.org non utiliza cookies de ningún tipo.