¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Curso Básico Solid Works

13/02/2012
Programa Aula Concello
A Concellería de Emprego a través do seu Programa Aula Concello ten previsto no mes de marzo realizar unha acción formativa para o manexo da ferramenta Solid Works (o máis completo portafolio de ferramentas 3D de desenvolvemento de producto), dito Curso se levará a cabo no caso de que haxa suficiente número de usuarios axeitados á formación ou experiencia requerida:
-    Formación Profesional de Mecanizado ou Delienación.
-    Experiencia en Oficina técnica en delineación.
-    Experiencia coma Xefe de Taller.
-    Coñecementos e manexo de planos de fabricación.
-    Sectores do metal, naval, calderería, automoción, etc.
As persoas interesadas neste tipo de formación, e que cumpran alo menos un dos requisitos sinalados, poden solicitar máis información na Oficina Municipal de Emprego, no Edificio Multicentro de Torneiros.

Todos os Cursos pertencentes ao Programa Aula Concello están a disposición dos usuarios da Bolsa de Emprego, se está interesado nalgún en concreto e todavía non pertence ao Sevizo, non o dubide e achéguese a Oficina Municipal de Emprego no edificio Multicentro de Torneiros, e lle informaremos de todo o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e e leva algún tempo sen acudir ao Servizo, sería aconsellable que se achegue ata a Oficina e actualice o seus datos na Bolsa así como se anote nas solicitudes do Programa Aula Concello.


<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>