• Inicio
  • Novas
  • Convocatoria do proceso selectivo para o ingreso no grupo I, nunha praza de asesor/a técnico/a II de persoal laboral fixo na Ofic ...

Convocatoria do proceso selectivo para o ingreso no grupo I, nunha praza de asesor/a técnico/a II de persoal laboral fixo na Oficina FGE Bruxelas

24/03/2026
 Fundación Galicia Europa

ANUNCIO do 17 de marzo de 2026 polo que se fai pública a convocatoria do proceso selectivo para o ingreso no grupo I, nunha praza de asesor/a técnico/a II (604PND05), de persoal laboral fixo.

Anúncianse as bases e a convocatoria do proceso para a provisión definitiva, baixo os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, e mediante o procedemento de concurso-oposición, dun posto de traballo do cadro de persoal da Fundación Pública Galicia Europa, que se describe na seguinte táboa:

Posto/categoría

Grupo

Titulación requirida

Nº de prazas

Localización do posto

Asesor/a técnico/a II (604PND05)

I

Título universitario oficial de licenciado o graduado universitario.

B2 inglés

1

Oficina FGE Bruxelas

 Requisitos das persoas aspirantes. Para ser admitidas aos procesos selectivos as persoas aspirantes deberán posuír, o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento no que se formalice o contrato como persoal laboral fixo, os seguintes requisitos: I.2.1. Idade: ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa. I.2.2. Nacionalidade: a) Ter a nacionalidade española. b) Ser nacional dalgún dos Estados membro da Unión Europea. c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscribidos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras. d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes. I.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o día da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) do título universitario oficial de licenciado ou graduado universitario, ou título universitario superior equivalente homologado polo Ministerio español de Educación.  Para os efectos desta convocatoria, o termo de equivalente entenderase referido exclusivamente as titulacións que, como consecuencia da implantación de novos estudos adaptados ás sucesivas reformas educativas, viñeron substituír ás titulacións extinguidas. I.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das funcións ou tarefas propias do posto de traballo no momento da formalización do contrato e incorporación ao mesmo. I.2.5. Habilitación: non ser separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal laboral do cal a persoa foi separada ou inhabilitada. No suposto de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ser sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores. con I.2.6. Requisito específico (art. 50.2 da lei 2/2015, do 29 de abril): independencia dos requisitos relacionados anteriormente, as persoas aspirantes acreditarán o coñecemento e dominio do idioma inglés, mediante título oficial acreditativo do nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas. - Lingua inglesa: Nivel Intermedio B2 da Escola Oficial de Idiomas  ou Cambridge First Certificate in English ou o nivel B2 nas titulacións de Education Testing Services (TOEFL e TOEIC), APTIS, Capman Testing Solutions 360 LPT, Oxford Test of English B, The European Language Certificates (TELC), University of Michigan, Trinity College de Londres, London  Test of English (LTE), Pearson Test of English, Learning Resource Network, Anglis ESOL Examination Xeral e LanguageCert International ESOL. 

Solicitudes e dereitos de exame I.3.1 O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). Dentro do prazo que se sinala no parágrafo anterior, as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-y-servicios/solicitudxenerica), mediante (Presentación o electrónica código do procedemento PR004A de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado) e o destinatario será a FUNDACIÓN GALICIA EUROPA (Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes). No cadro "Asunto relacionado" do citado formulario PR004A deberá indicarse "Solicitude para a participación no proceso selectivo para a praza de asesor/a técnico/a II (604PND05)”. A solicitude irá acompañada do formulario sinalado como anexo I, recollido ao final do presente documento e que tamén se atopa dispoñible no portal web corporativo https://fundaciongaliciaeuropa.eu/, así como da documentación complementaria necesaria. 

As bases e a convocatoria están expostas na seguinte ligazón:

https://fundaciongaliciaeuropa.eu/fundacion/transparencia/

 

AnteriorIr ao listadoSeguinte