• Inicio
  • Novas
  • Convocatoria subvención para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical

Convocatoria subvención para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical

24/03/2026
 Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 5 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical, e se procede á convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207L).

BDNS (Identif.): 893931.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) y 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/893931

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán optar a estas subvencións todas as empresas e as persoas traballadoras autónomas con sucursal ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade habitual en Galicia e que se dediquen ao management de artistas ou formacións musicais ou á edición fonográfica.

Enténdese por management a xestión, promoción, asesoramento e planificación da carreira profesional de artistas e formacións musicais nun mercado profesional e competitivo.

Enténdese por edición fonográfica a fixación de audio nun soporte para a súa comunicación ou publicación.

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 5 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical, e se procede á convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207L).

Cuarto. Importe

Estas axudas financiaranse cun crédito total de 150.000 euros, distribuídos en dúas anualidades, 75.000 euros na anualidade 2026 e 75.000 euros na anualidade 2027, imputables á aplicación orzamentaria 13.A1.432B.770.0, do código de proxecto 2015 00003, da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Máis información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260324/AnuncioG1097-060326-0001_gl.html

Teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78

Enderezo electrónico: agadic@xunta.gal

AnteriorIr ao listadoSeguinte