• Inicio
  • Novas
  • Convocatoria bolsas de prácticas do programa Campus rural, dirixidas ao estudantado, para o curso 2025/26.

Convocatoria bolsas de prácticas do programa Campus rural, dirixidas ao estudantado, para o curso 2025/26.

25/03/2026
 Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 16 de marzo de 2026 pola que se convocan bolsas de prácticas do programa Campus rural, dirixidas ao estudantado, para o curso 2025/26.

BDNS (Identif.): 893490.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/893490

Primeiro. Persoas beneficiarias

Serán persoas beneficiarias os/as estudantes matriculados/as en titulacións oficiais de grao ou máster universitario na Universidade de Vigo no curso 2025/26.

Segundo. Obxecto

O obxectivo que se persegue é que o estudantado universitario de calquera titulación oficial poida completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, e residir nel, con fin de coñecelo en profundidade e convivir e colaborar coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 16 de marzo de 2026 pola que se convocan bolsas de prácticas do programa Campus rural, dirixidas ao estudantado, para o curso 2025/26.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de sesenta e dous mil seiscentos setenta e sete euros con sesenta e seis céntimos (62.677,66 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será desde o 17 de marzo ao 9 de abril de 2026.

Máis información:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1800

AnteriorIr ao listado