2 BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA NA ÁREA DE ESTUDOS E INVESTIGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
Convocatoria de dúas bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística, coa seguinte distribución:
a) Unha bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos.
b) Unha bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos.
Persoas beneficiarias
Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Nacionalidade: ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea.
b) Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, dunha titulación superior (calquera). Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2018.
Tamén poderán solicitar as bolsas aquelas persoas que teñan a titulación mínima exixida e acrediten a súa condición de persoa desempregada de longa duración no momento de remate do prazo de presentación das solicitudes, sen ter en conta a data da titulación. Son persoas desempregadas de longa duración as que leven inscritas de xeito ininterrompido na oficina de emprego como demandantes de emprego durante 12 meses ou máis.
c) Idiomas: todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.