SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A COOPERATIVAS AGROGANDEIRAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA INVESTIMENTOS DURANTE O EXERCICIO 2023
A porcentaxe máxima subvencionable será do 65 % do orzamento, sen prexuízo de que sexan compatibles con outras axudas recibidas doutros organismos, e a súa concorrencia en ningún caso poderá superar o custo total do investimento.
Limitacións:
— Importe do orzamento de gastos da actividade: máximo de setenta mil (70.000,00) euros
— Importe da subvención: mínimo de seiscentos (600,00) euros e máximo de trinta e cinco mil (35.000,00) euros
Son actuacións susceptibles de axuda as que apoien as entidades agrogandeiras en investimentos, proxectos e actuacións destinados á recuperación e posta en valor dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro que teñan como obxecto:
a) A comercialización, a transformación e a valorización das producións
b) A formación técnica e o asesoramento para desenvolver proxectos de investigación e innovación tecnolóxica
c) O uso das novas tecnoloxías e das enerxías renovables e o aforro enerxético
d) Investimentos para mellorar os servizos que presta a cooperativa:
- Axudas para a adquisición de terreos, para maquinaria agrícola, obras, construcións, equipos, instalacións, melloras en edificios e os seus accesos, equipamentos e sistemas informáticos, mobiliario e outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos que prestan estas entidades
As axudas para maquinaria agrícola non serán compatibles con outras para o mesmo fin.
No caso de solicitudes para adquirir licenzas de software, estas só serán subvencionables cando as entidades beneficiarias as contabilicen como investimentos.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.
Para a presentación de solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/02/10/2023008538