AXUDAS PARA OS INVESTIMENTOS PARA ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUCTOS VITIVINÍCOLAS
Poderán ser beneficiarias da intervención de investimentos:
a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos contemplados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comecen esa produción ou comercialización. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.
b) As organizacións de produtores vitivinícolas recoñecidas conforme ao artigo 152 do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, e as súas asociacións.
c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013. As asociacións deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.
d) As organizacións interprofesionais.
e) As organizacións profesionais.
As solicitudes presentaranse ante a Consellería do Medio Rural, antes do 1 de febreiro de cada ano.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221227/AnuncioG0426-211222-0004_gl.html