• Inicio
  • Novas
  • Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

27/08/2015
 TR349F - Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015.

A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.
Contía dos incentivos:
1. Primeira persoa traballadora indefinida.
a) 4.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 5.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 5.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada de 45 ou mais anos de idade que sexa parada de longa duración.

2. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida.
a) 5.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 6.000 € cando se dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 7.000 € cando se trata dunha dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.
3. Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.

Beneficiarios
- Persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
- Persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Réxime: procedemento no competitivo

Prazo: finaliza o 30 de setembro de 2015

+información
- Sede electrónica Xunta
- Porremprego: Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n, 36410, O Porriño, tel 986 338 217, e- mail: axente.emprego@porremprego.org

AnteriorIr ao listadoSeguinte