• Inicio
  • Novas
  • Incentivos á contratación temporal de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social

Incentivos á contratación temporal de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social

27/08/2015
TR349D - Incentivos á contratación temporal de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social 

A contía da axuda calcularase do seguinte xeito:
6 meses 2.500 €
7 meses 2.900 €
8 meses 3.300 €
9 meses 3.700 €
10 meses 4.100 €
11 meses 4.550 €
12 meses 5.000 €

Beneficiarios
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Requisitos

1. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal, a tempo completo ou a tempo parcial, agás o contrato temporal para a formación e aprendizaxe, que se realicen con persoas desempregadas pertencentes algún dos colectivos relacionados no artigo 3.1 da orde de 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos
2. O contrato temporal deberá ter unha duración mínima de 6 meses
3. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Réxime: procedemento no competitivo

Prazo:
finaliza o 30 de setembro de 2015

+información
- Sede electrónica Xunta
- Porremprego: Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n, 36410, O Porriño, tel 986 338 217, e- mail: axente.emprego@porremprego.org
AnteriorIr ao listadoSeguinte