Subvencións pola contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria.

27/08/2015
TR343A - Subvencións pola contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria.
Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria (capítulo II).
Neste programa recóllense os seguintes tipos de axudas:
a)Subvención pola contratación indefinida.
b)Subvención pola contratación indefinida de traballadores e Traballadoras con discapacidade dun enclave laboral.
c)Subvención pola contratación temporal.
d)Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.
Ao abeiro da orde de convocatoria para o ano 2015, subvencionaranse contratacións que teñan data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015, ambas inclusive.
Neste programa subvencionase a contratación a tempo completo e a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.
Beneficiarios:
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas previstas neste programa os empregadores e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídas persoas traballadoras autónomas, sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadores e traballadoras con discapacidade para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo II desta orde.
Réxime: procedemento no competitivo
Prazo: finaliza o 30 de setembro de 2015
+información:
- Programa de fomento
- Porremprego: Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n, 36410, O Porriño, tel 986 338 217, e- mail: axente.emprego@porremprego.org