• Inicio
  • Novas
  • Incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil

Incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil

27/08/2015
Incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións realizadas desde o 1 de outubro de 2014 ata o 31 de outubro de 2015 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

a) Programa de incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
- As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda equivalente ao 100% do custo salarial  establecido no contrato que se subvenciona, excluidas as cotizacions empresarias á Seguridade Social calculado sobre dúas anualidades. Esta subvención non ponderá ser superior á contia do salario establecida no convenio colectivo sectorial ou de empresa aplicable ao contrato que se subvenciona.
- A contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria máxima legal.
- Os beneficios non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 100 % do custo salaria de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona

b) Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación.
- As contratacións temporais incentivaranse cunha axuda equivalente ao 50% do custo salarial establecido no contrato que se subvenciona, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridades Social. No suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou unha persoa na que concorra algún dos factores de exclusión social recollidos no art. 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia. o incentivo será equivalente ao 60% do custo salarial establecedo no contrato que se subvenciona, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridade Social
No caso de que a contratación seca realizada para ptestar servizos en empresas pertencentes a sectores estratéxicos segundo se define no art. 3 desta orde, a contía do incentivo será unha axuda equivalente ao 65 % do custo salarial establecido no contrato que se subvenciona, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridade Social

- A transformación de contratos temporais en indefinidos incentivaranse cuan axuda equivalente ao 60% do custo salarial esablecdio no contrato que se subvenciona, excluídas as cotización empresariais á Seguridades Social e calculado sobre dúa anualidades. No suposto de que a persoa contratada secxa muller, persoa discapacidata ou unha epersoa na que concorra algún dos factores de exclusión social recollidos no art. 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, o incentivo será equivalente ao 70% do custo salarial, establecido no contrato que se subvencionada, excluídas as cotizacións empresariais á Seguridades Social e calculado sobre duas anualidades.
No caso de que a contratación sexa realizada para prestar servizos en empress pertencentes a sectores estratéxicos, segundo se define no art.3 desta orde, a contía do incentivo será unha axuda equivalente ao 75 % do custo salarial establecido no contrato que se subvenciona, excluidas as cotizacións empresariais á Seguridade Social e calculado sobre súa anualidades

En ningún caso a contía destas subvencións poderán ser superior a contía do salario establecida no convenio colectivo sectorial ou de empresa aplicable ao contrato que se subvenciona.

Beneficiarios

Poderán ser entidades beneficiarias as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Réxime:
procedemento no competitivo

Prazo:
finaliza o 31 de outubro de 2015

+información:
- Contratación indefinida
- Contratación temporal
- Porremprego: Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n, 36410, O Porriño, tel 986 338 217, e- mail: axente.emprego@porremprego.org
AnteriorIr ao listadoSeguinte