SUBVENCIÓNS PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO PERSOAS NOVAS GARANTÍA XUVENIL

20/08/2015
SUBVENCIÓNS PROMOCIÓN EMPREGO AUTÓNOMO DE MOZOS/AS DO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL
CONSELLERÍA DETRABALLOE BENESTAR
CONSELLERÍA DETRABALLOE BENESTAR
No DOG núm. 157, do día 19 de agosto de 2015, publicáronse as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo para persoas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil para o ano 2015.
Actividades subvencionadas : subvenciónanse dous tipos de accións
1. Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil:
1200 € a fondo perdido ás persoas que soliciten alta no réxime especial de autónomos ou na mutualidade profesional dende o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015
Requisitos a grandes trazos:
- Ter solicitado a alta en autónomo no correspondente réxime de seguridade social ou mutualidade con anterioridade á solicitude
- Realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención durante 1 ano, en caso de incumprimento comportará o reintegro da subvención máis os intereses de demora
2. Subvención polo establecemento como autónomo ou por conta propia
- 7.500 € persoa nova + 500 € adicionais por muller emprendedora
- 10.000 € persoa nova con discapacidades ou pertencente a algún colectivo en risco ou situación de exclusión social
Requisitos a grandes trazos:
- Acreditar un investimento en inmovilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 2000 €, sen IVE, realizado no periodo comprendido entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 meses posteriores coa data límite do 20 de decembro
-Non caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 2000 € realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a porcentaxe de participación na CB o SC.
-Realizar a actividade que fundeamente a concesión da subvención durante dous anos, en caso de incumprimento comportará ou reintegro da subvención máis os intereses de demora
Incompatibilidade: a subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil é incompatible coa subvención para o establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia
Beneficiarios:
- Persoa nova inscrita no Sistema Nacional de Garantía xuvenil:
• Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de contratación obxecto de subvención
• Alta en Réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidades de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2014ao 30 setembro de 2015, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación
• Non percibir subvención ao abeiro dos distintos programas de promoción do emprego nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividades. Se no momento da solicitude.
• Se no momento da solicitude da subvención a persoa non tivese solicitada a lata no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional,terase en conta a data de presentación da solicitude da subvención
• Non desenvolver como persoa traballadora autónoma a mesma ou similar actividades na mesma localidades, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivese estivese de alta como persoa traballadora autónoma en calquera réxime de Seguridade Social ou en Mutualidade do Colexio Profesional , sempre que a dita situación de alta presupoña actividades nos tres meses inmediatamente anteriores.
- Os autónomo que formen parte dunha Comunidades de Bens ou Sociedade Civil, constituídas previamente á presentación da solicitude de subvención, sempre que soliciten a subvención a título persoal
Procedemento: sen concorrencia competitiva
Solicitude e prazo:
As solicitudes poderán presentarse vía electrónica ou fisicamente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no art.38.4 da Lei 30/1992
O prazo remata o 30 de setembro de 2015
+ información:
Sede electrónica de la Xunta
Porremprego: Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n, 36410, O Porriño, tel 986 338 217, e- mail: axente.emprego@porremprego.org