• Inicio
  • Novas
  • SUBVENCIÓNS PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

SUBVENCIÓNS PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

20/08/2015

SUBVENCIÓNS PROMOCIÓN EMPREGO AUTÓNOMO 2015
CONSELLERÍA DETRABALLOE BENESTAR

No DOG núm. 157, do día 19 de agosto de 2015, publicáronse as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo para o ano 2015.

Actividades subvencionadas : subvenciónanse dous tipos de accións.

1. Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil:

1200 € a fondo perdido ás persoas que soliciten alta no réxime especial de autónomos ou na mutualidade profesional dende o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015

Requisitos a grandes trazos:
- Ter menos de 30 anos a data da solicitude
- Ter solicitado a alta en autónomo no correspondente réxime de seguridade social ou mutualidade con anterioridade á solicitude
- Realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención durante 1 ano, en caso de incumprimento comportará o reintegro da subvención máis os intereses de demora

2. Subvención polo establecemento como autónomo ou por conta propia:

- 5.000 € persoas desempregadas en xeral
- 8.000 € desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco
de exclusión social
- 10.000 € muller desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social

Requisitos a grandes trazos:
- Acreditar o investimento en inmovilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3000 €, sen IVE, realizado no periodo comprendido entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividades e os 6 meses posteriores coa data límite do 20 de decembro
- Non caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 3000 € realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a porcentaxe de participación na CB O SC.
- Realizar a actividade que fundeamente a concesión da subvención durante dous anos, en caso de incumprimento comportará ou reintegro da subvención máis os intereses de demora

Incompatibilidade: a subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil é incompatible coa subvención para o establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia

Beneficiarios:


- Persoas desempregadas
• Inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego
• Que se dean de alta no réxime especial de autónomos o en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidades do Colexio profesional entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015, ambos inclusive
• Non percibisen subvención ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos 4 anos anteriores a nova actividade
• Non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividades na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, non estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquer réxime da Seguridade Social ou en mutualidade do Colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividades, nos tres meses anteriores inmediatos.
- Os autónomo que formen parte dunha Comunidades de Bens ou Sociedade Civil, constituídas previamente á presentación da solicitude de subvención, sempre que soliciten a subvención a título persoal
- En caso de subvención solicitada por persoas traballadoras con discapacidades, ademais de cumprir os requisitos anteriores, deberán ter recoñecido pola Administración competente un grado de discapacidades igual ou superior ao 33%.

Procedemento: Concorrencia competitiva

Solicitude e prazo:
As solicitudes poderán presentarse vía electrónica ou fisicamente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no art.38.4 da Lei 30/1992
O prazo remata o 19 de setembro de 2015

+ información:
 Sede electrónica de la Xunta
 Porremprego: Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n, 36410, O Porriño, tel 986 338 217, e- mail: axente.emprego@porremprego.org
AnteriorIr ao listadoSeguinte