• Inicio
  • Novas
  • CURSO GRATUÍTO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA AUTÓNOMOS

CURSO GRATUÍTO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS PARA AUTÓNOMOS

29/07/2015
 FORMAGAL ,empresa consultora especializada na xestión integral de accións formativas e organización de eventos, oferta un curso gratuíto de 80 horas sobre " Prevención de Riscos laborais básico" destinado a autónomos.

O curso impartirase en modalidade mixta os días 17 a 31 de agosto:

-20 horas presenciais: do 17 ao 27 de agosto- 2 horas e media.

-60 horas teleformación , a través da plataforma habilitada por FORMAGAL,: do 17 ao 31 de agosto- 5 horas e media.

As xornadas presenciais terán lugar no Multicentro de Torneiros, sito en Ribeira, C/P. 36410,O Porriño, Porremprego

O programa do curso divídese en 5 módulos, neste link podes consultar o seu contido

+ información: Os interesados deberán anotarse a través de Porremprego, Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n, 36410, O Porriño, tel 986 338 217, e- mail: axente.emprego@porremprego.org

Documentación necesaria:
- Solicitude de participación asinada
- Solicitude da lei de protección de datos, modelo C
- Fotocopia DNI
- Fotocopia do último recibo de autónomo e aposteriori o correspondente á data de inicio do curso
- Vida laboral actualizada unha vez iniciado o curso

Data límite de inscrición o 7 de agosto de 2015
AnteriorIr ao listadoSeguinte