• Inicio
  • Novas
  • Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas

Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas

17/07/2015
A Consellería de Traballo e Benestar ao abeiro da orde do 7 de xullo de 2015, publicado no DOG nº 134 do 17 de xullo de 2015, publica as bases reguladoras do programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas para o ano 2015.

A orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2015 dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Poderán ser beneficiairoas das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade,  ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primerios anos de actividade.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2014 ao 30 de setembro de 2015.

Contía dos incentivos:
 
Primeira persoa traballadora indefinida   Contía axudas
  Home desempregado 4000€
  Home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración 5000€
  Muller desempregada 5000€
  Muller desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración 6000€
Segunda e terceira persoa traballadora indefinida    
  Home desempregado 4000€
  Home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración 5000€
  Muller desempregada 5000€
  Muller desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración 6000€

As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica ata o 30 de setembro de 2015.

Bases Programa axudas

 

AnteriorIr ao listadoSeguinte