• Inicio
  • Novas
  • Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inf ...

Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros

27/08/2015
 IG510H - Axudas para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros (Programa Microcréditos).

O financiamento poderá destinarse aos seguintes conceptos:
- Activos fixos produtivos novos ou de segunda man.
- Vehículos industriais sen límite de prezo e vehículos turismo, cun prezo máximo de 30.000,00 €, sen incluír o IVE.
- Adquisición de empresas.
- Liquidez co límite do 50 % do financiamento.

Por activo produtivo deberá entenderse aqueles bens que, directa ou indirectamente, permitan realizar a actividade da empresa.

Beneficiarios
Os autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa. Para os ditos efectos, terá a consideración de microempresa a unidade económica con personalidade física ou xurídica.

Tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da axud

Requisitos

a) Que teña menos de 10 traballadores.
b) Que teñan unha cifra de negocios anual ou balance xeral anual que non supere os 2 millóns de euros.
c) Que cumpra o criterio de independencia .

Terán que ter formalizada unha operación de préstamo, previamente ou con posterioridade á entrada en vigor das presentes bases, con fondos do ICO das liñas ICO-Empresas e Emprendedores 2015, ICO-Garantía SGR/SAECA 2015 ou ben con fondos da propia entidade financeira, sempre que estean avalados por unha SGR.

En calquera caso, os préstamos deberán estar formalizados a partir do 1 de xaneiro de 2015 e con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, por un importe inferior ou igual a 25.000,00 €, a un prazo igual ou superior a cinco anos e cumprir coas condicións específicas, de actividade e localización establecidas nestas bases.

Os beneficiarios das axudas establecidas nestas bases deberán manter os investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia da bonificación á operación financeira. Considerarase cumprida esta condición no caso de que os bens en que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, sen que se poida obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. Poderanse financiar investimentos realizados no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2014 ata un ano desde a formalización do préstamo. A diferenza entre os importes correspondentes aos investimentos e o importe disposto do financiamento, considérase utilizado para liquidez.

Réxime: procedemento no competitivo

Prazo: finaliza o 30 de outubro de 2015

+información

-Sede electrónica Xunta
-Porremprego: Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n, 36410, O Porriño, tel 986 338 217, e- mail: axente.emprego@porremprego.org
AnteriorIr ao listadoSeguinte