Oficinas do Servizo de Emprego do Concello do Porriño.
PORREMPREGO é un servizo municipal do Concello do Porriño, público é gratuito, a través do cal se levan a cabo accións de información, orientación e búsqueda de emprego de forma persoalizada.
Teléfono: 986 338 217
ÚLTIMAS OFERTAS DE EMPREGO
Oferta 136/26 Operario/a de limpeza
Oferta activa
Operario/a de limpeza Mos
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 26/10/2026
Procúrase operario/a de limpeza para realizar tarefas de limpeza e mantemento das instalacións interiores dun pavillón deportivo e dunha piscina situados en Mos, aplicando os protocolos de limpeza adecuados a cada zona, incluíndo aseos, vestiarios, pistas e demais espazos das instalacións. Ofértase un contrato indefinido, cunha xornada laboral de 30 horas semanais e incorporación prevista para o 29 de outubro de 2026. O horario será de luns a sábado, segundo cuadrante, con quendas que poderán ser de mañá, aproximadamente de 6:00/7:00 a 12:00/13:00 horas, ou de tarde, de 15:00 a 21:00 horas. O salario será de 15.700 euros brutos anuais, distribuídos en 14 pagas. Valorarase a experiencia previa en tarefas de limpeza. Será requisito contar cun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % e/ou cunha incapacidade permanente total (IPT).
Oferta 137/26
Oferta activa
Auxiliar de servizos O Porriño
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Temporal 26/10/2026
Procuramos 2 auxiliares de servizos, que se fagan cargo do control de accesos, apoio administrativo básico, mantemento lixeiro e apoio loxístico.
Data de incorporación: 02/11/2026, tipo de contrato: temporal, xornada laboral: por quendas, horario: 07:00 - 13:00, e de 13:00 - 19:00.
Requisitos: ter un certificado de discapacidade dun 33% ou máis, e ter carné de conducir e vehículo propio.
Oferta 135/26
Oferta activa
Barnizador-lacador O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Indefinido 23/10/2026
Procúrase barnizador/a-lacador/a de madeira para cubrir unha vacante. A persoa seleccionada encargarase de realizar tarefas de lacado e barnizado de pezas de madeira. Valorarase ter experiencia previa en postos similares. O contrato será indefinido, cunha incorporación inmediata e unha xornada laboral continua, en horario de 7:00 a 15:00 horas. A retribución será a establecida segundo o convenio da construción. Será necesario dispoñer de carné de conducir para desprazarse ata o lugar de traballo.
Oferta 131/26
Oferta activa
Montador de neumáticos O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal 19/10/2026
Procuramos 1 persoa que se encargue de montar os neumáticos nun taller.
Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal (3 meses), horario: 16:00 - 20:00.
Oferta 133/26
Oferta activa
Peón construción O Porriño
Nº de postos: 2 | Tipo de contrato: Temporal 15/10/2026
Procúranse dúas persoas como peóns de obra para realizar tarefas de apoio nos traballos de construción. As persoas seleccionadas colaborarán nas distintas tarefas propias da obra, coa oportunidade de aprender e adquirir experiencia no sector. Valórase especialmente as ganas de traballar, interese por aprender e disposición para colaborar co equipo. A incorporación será inmediata e o contrato será temporal, vinculado á duración da obra, cunha duración estimada de entre 3 e 6 meses. A xornada será continua e o salario axustarase ao convenio colectivo correspondente.
Oferta 130/26
Oferta activa
Operario de fábrica de transformación de granito O Porriño
Nº de postos: 1 | Tipo de contrato: Temporal e indefinido 09/10/2026
Procuramos 1 operario/a para unha fábrica de transformación de granito, cuxas funcións principais serán a posta en marcha, o funcionamento, o control e a alimentación da maquinaria, así como o manexo e a supervisión da máquina de corte e dos equipos de elevación. Así mesmo, encargarase da supervisión do proceso produtivo e da realización das tarefas xerais propias do posto de operario/a de produción.
Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: temporal + indefinido, duración del contrato: 6 meses + 6 meses + indefinido, xornada laboral: a quendas e horario: 06:00 - 14:00, e de 14:00 - 22:00.
Requisitos: ter a titulación da E.S.O., e ter 18 anos ou máis.
Oferta 127/26
Oferta activa
Conductor/a de autobús O Porriño
Nº de postos: 20 | Tipo de contrato: Fixo-discontinuo 05/10/2026
Procuramos 20 conductores de autobús para realizar servizos escolares, excursións e servizos discrecionais.
Data de incorporación: inmediata, tipo de contrato: fixo discontinuo, xornada laboral: partida, horario: 07:00 - 09:00 e 13:00 - 16:00.
Requisitos: ter 1 ano ou máis de experiencia no posto e ter o CAP e tarxeta de tacografo.

















