Cursos AFD de Soldador e de Montador Naval

27/04/2012
Accións Formativas dirixidas prioritariamente as persoas traballadoras Desempregadas (AFD)
O Servicio Público de Emprego de Galicia ven de informar da concesión á empresa TYM Ganain, S.L., de dous Cursos de formación AFD, que levará a Oficina de Emprego do Porriño.

As dúas accións formativas son:
- SOLDADOR DE ESTRUCTURAS METÁLICAS DE COMPOÑENTES NAVAIS. (378 horas)
- MONTADOR DE ESTRUCTURAS METÁLICAS DE COMPOÑENTES NAVAIS. (378 horas)

Os requisitos para optar a selección de candidatos é a experiencia nos oficios correspondentes, para Soldador, experiencia con soldadura semiautomática, e no caso de Montaxe, calderería e interpretación de planos. Tamén se valorará outras formacións relacionadas cos mesmos.
Ambos cursos teñen compromiso de contratación, e se desenvolverán nos vindeiros meses, estando xa aberto o período de solicitude de participación dos mesmos.

As persoas que reunan algún dos requisitos e estean interesadas en participar no proseo de selección, deberán acudir a Oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) situada no Edificio Multicentro de Torneiros.
Máis información nos teléfonos do SPEG, 986 331 262 ou 986 331 266

AnteriorIr ao listadoSeguinte