¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Aula Permanente de procura de Emprego

23/04/2012
Programa Aula Concello
O vindeiro venres día 28, dará comezo unha nova Acción Formativa co obxectivo ofrecer ao usuarios da Bolsa de Emprego, de xeito periódico e continuado ao longo de todo o ano, a posibilidade de formación continua na procura de emprego utilizando as ferramentas de Navegacion por Internet, Manexo de Ordenador, e todas as posibilidades que as novas tecnoloxías poidan ofrecer na busca diaria de ofertas de emprego, formación para o emprego, e información laboral en xeral.

A Aula Permanente terá un carácter aberto e períódico. Tódolos venres os usuarios que previamente se anoten a actividade, poderán acudir a Aula, en horario de 09:00h á 11:00h, e entre outras actividades poderán, revisar o seu CV, crear a súa conta de correo electrónico, navegar pola rede na procura dos principais portais de emprego e formación, enviar o seu CV a empresas a través da propia conta de correo electrónico do usua, inscribirse nos portais e buscadores de emprego, etc. En definitiva resolver todas aquelas dúbidas que teñan na procura de emprego e formación a través de internet.

Se desexa participar nesta Acción Formativa deberá acudir a Oficina Municipal de Emprego (Edificio Multicentro de Torneiros), alí tras realizar a preinscrición do curso, se lle dará aviso para incorporarse a cada grupo dependendo das necesidades persoais de cada participante.



Todos os Cursos pertencentes ao Programa Aula Concello están a disposición dos usuarios da Bolsa de Emprego, se está interesado nalgún en concreto e todavía non pertence ao Sevizo, non o dubide e achéguese a Oficina Municipal de Emprego no edificio Multicentro de Torneiros, e lle informaremos de todo o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e e leva algún tempo sen acudir ao Servizo, sería aconsellable que se achegue ata a Oficina e actualice o seus datos na Bolsa así como se anote nas solicitudes do Programa Aula Concello.

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>