¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Curso de Animación Socio-Cultural

10/11/2011
Programa Aula Concello

O vindeiro día 21 de novembro dará comezo unha nova Acción Formativa denominada “Curso de Animación Sociocultural”, esta formación ten como obxecto participar no deseño das actividades socio-culturais, as campañas de promoción das actividades, a coordinación de traballo e supervisión das actividades realizadas. Dita Acción Formativa será de carácter presencial, cun contido de 160 horas, a desenvolver do 21/11/11 ata o 27/01/2012.

Todos os Cursos pertencentes ao Programa Aula Concello están a disposición dos usuarios da Bolsa de Emprego, se está interesado nalgún en concreto e todavía non pertence ao Sevizo, non o dubide e achéguese a Oficina Municipal de Emprego no edificio Multicentro de Torneiros, e lle informaremos de todo o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e e leva algún tempo sen acudir ao Servizo, sería aconsellable que se achegue ata a Oficina e actualice o seus datos na Bolsa así como se anote nas solicitudes do Programa Aula Concello.


<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>