¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Programa de Desenvolvemento Local de Emprego. PORREMPRÉGATE

31/10/2011
Concellaría de Emprego e Formación

 

 

A Concellaría de Emprego e Formación, pon en marcha unha nova acción para mellorar a empregabilidade  dos usuarios da Bolsa de Emprego. Para elo ponse en marcha o Programa de Desenvolvemento Local de Emprego PORREMPRÉGATE, unha nova dinámica de traballo para a Inserción Laboral dirixido aos usuarios da Bolsa de Emprego dispostos a realizar unha búsqueda activa de emprego, a través da elaboración dun Itinerario Personalizado que contempla formación e asesoramento para a procura de emprego.

Aqueles usuarios interesados en formar parte do Programa, deberán posuír a Tarxeta Porremprego. Daquela, os desempregados que non dispoñan da Tarxeta, ou aqueles usuarios da Bolsa que aínda non a solicitaron poderán facelo na Oficina da Concellaría de Emprego, no Multicentro de Torneiros, e optar a incorporarse aos diferentes grupos de de traballo que formarán parte da acción de inserción.


 

 


<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>