• Inicio
  • Novas
  • Selección 3 persoas desempregadas recentemente graduadas programa + EMPREGA CONCELLO DO PORRIÑO 2024

Selección 3 persoas desempregadas recentemente graduadas programa + EMPREGA CONCELLO DO PORRIÑO 2024

31/10/2024
Presentación solicitudes desde o 4 ata o 6 de novembro 2024 (ambos incluídos)
 O obxecto das presentes bases é a selección e posterior contratación, de:

 

-          1 Titulado/a medio de Cultura e Bibliotecas coa titulación de Grao en Xestión Cultural, Historia do Arte, Filoloxía, Biblioteconomía e Documentación, Antropoloxía, Comunicación Audiovisual, Ciencias Sociais e Humanidades; así como calquera outra dentro da rama de Humanidades, sen que transcorresen máis de 3 anos desde a terminación dos correspondentes estudos (ou máis de 5 anos en persoa con discapacidade)

 

-          1 Titulado/a medio Consultor/a de selección coa titulación de Grao en Relacións Laborais, Relacións Laborais e Ocupación, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Pedagoxía, Dobre grao en Dereito e Relacións laborais ou equivalentes; sen que transcorresen máis de 3 anos desde a terminación dos correspondentes estudos (ou máis de 5 anos en persoa con discapacidade)

 

-          1 Titulado/a medio de Prospección e Formación coa titulación de Grao en Relacións Laborais, Relacións Laborais e Ocupación,  Relacións Laborais e Recursos Humanos, Pedagoxía, Dobre grao en Dereito e Relacións laborais ou equivalentes; sen que transcorresen máis de 3 anos desde a terminación dos correspondentes estudos (ou máis de 5 anos en persoa con discapacidade)

 

A contratación formalizarase o día 15/11/24 e será de carácter laboral temporal (na modalidade de contrato formativo para adquirir a práctica profesional axeitada ao correspondente nivel de estudos), a xornada completa, por un período de 12 meses. O salario bruto mensual ascenderá a un total de 1.336,79 euros brutos mensuais incluídas a pagas extras prorrateadas. Nos contratos establécese un período de proba de dous meses a contar dende o inicio do mesmo.

 

O sistema de selección será o de concurso (valoración de méritos)

Máis información en :
https://www.porremprego.org/persoal
AnteriorIr ao listado