Curso de Ofimática e Capacitación Dixital

11/06/2024
 O Concello do Porriño organiza un curso de Ofimática e Capacitación Dixital. A acción formativa, de 30 horas de duración, está aberta a toda persoa interesada, con independencia do lugar de residencia, e é totalmente gratuito. Ademais, impartirase de forma presencial nas instalacións de Porremprego, en Torneiros, en dous horarios, de mañá e de tarde, para facilitar o acceso a todas as persoas interesadas en participar. 

As primeiras quedas serán do 17 ao 25 de xuño, e do 26 de xuño ao 4 de xullo. E está previsto que os cursos continúen en setembro ata principios de novembro. Os horarios serán de 9:30 a 13:50, para os cursos da mañá, e de 16:00 a 20:20, para os cursos de tarde. 

Aberto o prazo de inscrición

As prazas son limitadas e a inscrición pode facerse contactando directamente con Porremprego, ben presencialmente, chamando ao teléfono 986 33 82 17 ou enviando un correo electrónico a orientacion@porremprego.org, ou directamente no formulario do Curso de Ofimática e Capacitación Dixital

“Convidamos á cidadanía a aproveitar esta oportunidade de formación gratuíta, na que poder adquirir as competencias dixitais básicas tan necesarias para a vida cotiá e para o emprego das novas tecnoloxías”, declara Rosario Costas, concelleira de Emprego e Formación. O curso está financiado cos fondos Next Generation da Unión Europea a través do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática e no marco de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Terá lugar nas instalacións de Porremprego no Centro Multicentro de Torneiros.

AnteriorIr ao listadoSeguinte