A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convoca 30 bolsas (10 delas destinadas a alumnos preferentemente iberoamericanos), que inclúen unha dotación económica de 3.500 euros cada unha, para estudar o Máster en produción xornalística e audiovisual da Universidade da Coruña, durante o curso académico 2023/24. Prazo de envío e presentación de solicitudes para os alumnos estranxeiros: ata o 14 de abril de 2023. O calendario de inscrición dos alumnos nacionais rexerase polas datas que a Universidade da Coruña ten pendente de aprobación e que serán publicadas na web do máster: www.mpxa.net
Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web: www.mpxa.net