CONVOCATORIA PROBAS PARA OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4 ANO 2023
Persoas destinatarias.
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
As sedes e horarios para desenvolver as probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente. No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Máis información en:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230306/AnuncioG0655-010323-0001_gl.html