Perrucaría: Aplicación de Color

14/06/2012
Programa Aula Concello
O vindeiro luns día 9 de xullo dará comezo a Acción Formativa de "Perrucaría: aplicación de Color", que se impartirá nas instalacións do Multicentro de Torneiros homologadas para dita formación. Esta acción formativa ven a completar a formación  en Perrucaría, que se desenvolveu o mes anterior, e do que neste momento se está a impartir, polo que usuarios que participaron en ambas Accións Formativas, coma algunha nova incorporación, terán a oportunidade de participar nesta acción edición. O Curso terá unha duración de 8 semanas cun total de 160 horas de formación.

 
Todos os Cursos pertencentes ao Programa Aula Concello están a disposición dos usuarios da Bolsa de Emprego, se está interesado nalgún en concreto e todavía non pertence ao Sevizo, non o dubide e achéguese a Oficina Municipal de Emprego no edificio Multicentro de Torneiros, e lle informaremos de todo o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e e leva algún tempo sen acudir ao Servizo, sería aconsellable que se achegue ata a Oficina e actualice o seus datos na Bolsa así como se anote nas solicitudes do Programa Aula Concello.

AnteriorIr ao listadoSeguinte