Solid Works Avanzado

14/06/2012
Programa Aula Concello
O vindeiro luns día 2 de xullo dará comezo a Acción Formativa de Solid Works Avanzado, impartida pola Empresa "Easy Works, S.L." pertencente ao Grupo Esypro, único distribuidor galego autorizado por Solid Works. Esta formación e a continuación a que xa se iniciou co primeiro Curso básico se Solid Works, e nela participarán unha selección dos usuarios que participaron nesa edición, máis algunha incorporación nova de profesionais que traballan nese sector en diferentes emp resas.
Todos os Cursos pertencentes ao Programa Aula Concello están a disposición dos usuarios da Bolsa de Emprego, se está interesado nalgún en concreto e todavía non pertence ao Sevizo, non o dubide e achéguese a Oficina Municipal de Emprego no edificio Multicentro de Torneiros, e lle informaremos de todo o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e e leva algún tempo sen acudir ao Servizo, sería aconsellable que se achegue ata a Oficina e actualice o seus datos na Bolsa así como se anote nas solicitudes do Programa Aula Concello.