Liña de axudas "Porriño Impulsa"




CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS EXTRAORDINARIAS A TRABALLADORES/AS AUTÓNOMOS/AS, MICROEMPRESAS E PEQUENAS EMPRESAS DO CONCELLO DO PORRIÑO AFECTADOS POLA CRISE SANITARIA PROVOCADA POLA PANDEMIA DO COVID-19 - "PORRIÑO IMPULSA"


BENEFICIARIOS
Persoas físicas ou xurídicas, así como comunidades de bens ou outras entidades económicas sen personalidade
xurídica legalmente constituídas que leven a cabo as actividades empresariais exercidas no noso
termo municipal que motivan a concesión da subvención e cumpran os seguintes requisitos:
•  Que se trate dunha actividade empresarial, excepto actividades de xogos de azar e apostas.
•  Que exerza a súa actividade empresarial no termo municipal do Porriño e conste de alta no rexistro de matrícula do IAE do concello.
•  Que a empresa estea activa no momento da publicación destas bases. 
•  Que a súa actividade empresarial fose afectada co peche total tras a declaración do estado de alarma ou sufrise unha redución da súa facturación no período posterior a esta data de polo menos un 30% en relación á media efectuada durante os últimos
dous exercicios económicos (2019 e 2020).

LIÑAS DE AXUDA
LIÑA 1.- Gastos de alugueiro e gastos xerais do local comercial e amortización de préstamos.
LIÑA 2.- Gastos vinculados á implantación do comercio en liña.
LIÑA 3.- Axudas para financiar os gastos correntes derivados do cumprimento da normativaanti-covid-19 relativos a limpeza, desinfección, mantemento e xestión do risco para a redución do contaxio.
LIÑA 4.- Mercadorías relacionadas coa actividade desenvolvida.

IMPORTE DA AXUDA
1.500 euros para os beneficiarios que sufrisen o peche total, e 1.200 euros para aqueles outros que estivesen limitados no horario de apertura ao público ou sufrisen perdas significativas, independentemente do número de liñas para as que soliciten a subvención; podendo concorrer simultaneamente a todas as liñas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes para participar nesta convocatoria deberán presentarse no prazo de vinte días hábiles a contar dende o día hábil seguinte á publicación.

Pódense consultar as bases reguladoras na seguinte ligazón

Para máis información pódese solicitar o asesoramento da axente de desenvolvemento local.
Tlfn.. 986 338 217
axente.emprego@oporrino.org