Programa para a Promoción do Emprego Autónomo

20/01/2012
Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAEP)
A Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia publica hoxe no DOG o Programa para a Promoción do Emprego Autónomo, consistente nunha convocatoria de axudas para todos aqueles emprendedores decididos a creación da súa propia empresa como traballadores autónomos, comunidades de bens ou sociedades civis.
Para máis información e axuda na tramitación podese solicitar cita previa no teléfono 986 338 217.