Proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na CCAA de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais

09/01/2012
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
O luns, 09 de xaneiro de 2012, publicouse no DOGA, a Orde do 29 de decembro de 2011, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, das familias profeionais de:
- Administración e xestión.
- Electricidade e electrónica.
- Enerxía e auga.
- Fabricación mecánica.
- Hostalería e turismo.
- Industrias alimentarias.
- Madeira e moble.
- Química, sanidade e servizos socioculturais á comunidade.
- Textil.
- Confección e pel.
- Transporte e mantemento de vehículos.
Prazo de presentación das solicitudes: Dende o 16 de xaneiro do 2012 ata o 15 de Febreiro de 2012.
páxina web Consellería de Traballo