¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Actividades para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria (ESO)

26/12/2011
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Aberto o prazo de inscripción para todas aquelas persoas, maiores de 18 anos, interesadas en participar nas actividades de formación de adultos que O Concello do Porriño vai a levar a cabo nas instalaciones do Edificio Multicentro de Torneiros.
Ditas actividades son de carácter gratuito e teñen como obxectivo preparar ao alumnado para que poida obter o título de graduado en Educación Secundaria (ESO) mediante a presentación ás probas extraordinarias que convoca anualmente a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa nos meses de xuño e setembro.
A inscripción deberase facer de forma presencial na Oficina  da Concellería de Emprego do Concelllo do Porriño (Porremprego) sita no Edificio Multicentro de Torneiros e é imprescindible a presentación do DNI ou NIE.
O prazo de inscripción rematará o día 18 de xaneiro de 2012.
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>