¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Programas e Actividades das Migracións - GAPAM

01/09/2011
Concellaría de Emprego e Formación
O GAPAM (Programas e Actividades das Migracións) e unha inciativa da Secretaría Xeral da Emigración, dentro do Plan Integral de Emigración, no seu fomento da realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria. O Concello do Porriño, a través da Concellaría de Emprego vai a organizar unha serie de Actividades englobadas nun Programa de Acollida a Inmigrantes que incluirá as seguintes Accións Informativas e Formativas:

- INICIACIÓN AO MERCADO LABORAL: O AUTOEMPREGO.
- BUSCA ACTIVA DE EMPREGO A TRAVÉS DAS TIC-BAE.
- O GALEGO-CASTELÁN PARA PERSOAS INMIGRANTES.
- XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN INTERCULTURAL.
- UNHA NOVA ETAPA: IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.

As actividades desenvolveranse nas Instalacións do Multicentro de Torneiros, en horario de mañá, do 22 de setembro ao 19 de outrubro.

Todas aquelas persoas inmigrantes extracomunitarias que estean interesadas en ser partícipes do Programa de Acollida poden poeñerse en contacto coa Concellaría de Emprego na seguinte dirección:

Oficina Municipal de Emprego
Multicentro do Concello do Porriño
Torneiros - Riveira S/N
36410 - O Porriño (Pontevedra)
Teléfono: 986 338 217

Máis información en      www.galiciaaberta.com/GAPAM/listado_programas
.



 
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>