• Inicio
  • Novas
  • Provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma d ...

Provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de

05/03/2026
 RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil; corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Postos ofertados.

1. Os postos vacantes ofertados neste concurso publícanse no anexo I desta resolución.

2. As persoas interesadas poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo I desta convocatoria aos cales se engadirán as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. Considéranse postos de resultas os postos de traballo cuxo sistema de provisión sexa o concurso ordinario e que estivesen ocupados con carácter definitivo por aquelas persoas participantes que obteñan un posto de traballo como consecuencia da adxudicación do concurso.

Incluiranse tamén como potenciais resultas os postos de traballo que teñan adscrito persoal funcionario por motivos de saúde ou rehabilitación, estando condicionada a súa adxudicación a que a persoa funcionaria adscrita obteña un posto na resolución do concurso.

A relación de postos ofertados en resultas publicarase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260305/AnuncioG0597-250226-0002_gl.html

AnteriorIr ao listadoSeguinte