¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

Apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia

29/02/2024
 RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.

 Poderán presentar novas solicitudes «desde a publicación da resolución de apertura do prazo de presentación de solicitudes por parte da dirección xeral competente en materia de función pública e no prazo establecido nela» e, no caso de listas elaboradas que se atopen en xestión, desde o día 1 de marzo ata o día 30 de abril.

 Reabrir as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican no anexo II.

ANEXO II

Listas que se abren

Corpos, escalas e especialidades (persoal funcionario).

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

2067

Escala de veterinarios/as

A1

2093-05

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo

A2

208C

Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade educadores/as

C1

207C-02

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

 

2055

Agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal funcionario subalterno

Grupos e categorías (persoal laboral).

Grupo

Categoría

Denominación

III

017

Analista de laboratorio

III

023

Celador/a de estradas. Capataz de brigada

III

090

Animador/a sociocultural

IV

004

Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado

IV

009

Oficial/a 2ª agrario/a

IV

011

Auxiliar de laboratorio

 
<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>