• Inicio
  • Novas
  • Convocatoria de subvencións para formación e investigación en materias de interese para o Centro de Investigacións Sociolóxic ...

Convocatoria de subvencións para formación e investigación en materias de interese para o Centro de Investigacións Sociolóxicas

23/02/2024
 Resolución do 22 de febreiro de 2024 do Centro
de Investigacións Sociolóxicas pola que se publica a convocatoria de subvencións
para formación e investigación en materias de interese
para o organismo, para o ano 2024
Beneficiarios.
Ter nacionalidade española ou ser nacional dalgún Estado membro da
Unión ou de terceiros países con residencia legal en España.
Estar en posesión do título de graduado ou licenciado ou titulacións
equivalentes expedidas por unha institución de educación superior do Espazo
Europeo de Educación Superior. 
Non concorrer os solicitantes, así como os membros integrantes dos equipos
de investigación no seu caso, en ningunha das prohibicións previstas no
artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións. 
Os solicitantes das axudas individuais deberán acreditar atoparse
nalgún dos seguintes casos: alcanzar a Suficiencia Investigadora, estar
en posesión do Diploma de Estudos, estar en posesión do título oficial de Máster
universitario, ou equivalente, ou atoparse nalgún dos supostos que
establece o artigo 6, apartado 2, Requisitos do Acceso ao Doutoramento, do Real Decreto
99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais
de doutoramento. 
Os investigadores principais de equipos de investigación solicitantes das
axudas para a explotación dun dos temas propostos no obxecto desta
convocatoria deberán acreditar estar en posesión do título de doutor nalgunha
disciplina ou área das ciencias sociais.
Os solicitantes das axudas para a finalización de teses doutorais deberán
acreditar atoparse nalgún dos seguintes casos: alcanzar a
Suficiencia Investigadora, estar en posesión do Diploma de Estudos Avanzados,
estar en posesión do título oficial de Máster universitario, ou equivalente, ou
atoparse nalgún dos supostos que establece o artigo 6, apartado 2,
Requisitos do Acceso ao Doutoramento, do Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo
que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento. Ademais, deberánjustificar que se está na fase de finalización da tese doutoral en Ciencia
Política ou Socioloxía.
Todos os solicitantes, deberán presentar cumprimentada unha declaración
responsable (Anexo IV, publicado na Resolución da convocatoria) de que o
proxecto presentado non conta con outro tipo de axuda ou subvención pública ou
privada simultánea e de similares características, e de que o solicitante ou
investigador principal no caso das axudas a equipos investigadores, non recibiu
 por parte do CIS unha axuda da mesma modalidade na convocatoria
inmediatamente anterior.
Nas axudas individuais para a explotación do Banco de Datos do CIS a
contía de cada unha será de 6.000 euros.
Nas axudas a un equipo investigador para a explotación do Banco de Datos
do CIS a contía de cada unha será de 10.000 euros, cantidade que poderá
distribuírse de forma heteroxénea entre os integrantes de cada equipo de investigación
en función do traballo efectivamente realizado e as horas reais
dedicadas ao proxecto segundo declaración responsable de conformidade asinada polo
Investigador Principal (IP).
Nas axudas para a finalización de teses doutorais a contía será de 5.000
euros cada unha.
O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días hábiles, a contar
desde o seguinte ao da publicación deste extracto da convocatoria no
Boletín Oficial do Estado.
 
Máis información:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/ 745250
AnteriorIr ao listadoSeguinte