Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4
RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
As persoas solicitantes dun curso en liña, deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet (de banda larga).
– Un navegador web (recoméndase ter instalada a última versión de Firefox).
– Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición.
– Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).
O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal entre o 19 de febreiro e o 8 de marzo de 2024. Tras acceder á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición.
Todos os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 30.
Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves. No caso de suspenderse algunha sesión por coincidir cunha festividade local ou por outra circunstancia, esta recuperarase ao longo do curso.
Máis información:
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Formacion/convocatoria_0340/cursos-celga-2-3-4