• Inicio
  • Novas
  • Certificado Oficial de Manipulador de Alimentos

Certificado Oficial de Manipulador de Alimentos

02/06/2011
Programa Aula Concello
 O vindeiro martes día 7 de xuño terá lugar a impartición do Curso que da dereito a obtención do carné de "Hixiene Alimentaria para Manipuladores de Alimentos". Esta edición suporá o adiantamento do anteriormente previsto para o día 24 que por motivos de organización non se poderá face nesa data. Nesta acción formativa poderán participar ata un total de vintecinco ususarios da Bolsa de Emprego, os cales con dito carné poderán acceder a todo tipo de ocupacións laborais nas que se manipulen alimentos en calquera posto da cadea alimentaria.

Todos os Cursos pertencentes ao Programa Aula Concello están a disposición dos usuarios da Bolsa de Emprego, se está interesado nalgún en concreto e todavía non pertence ao Sevizo, non o dubide e achéguese a Oficina Municipal de Emprego no edificio Multicentro de Torneiros, e lle informaremos de todo o proceso. Se xa está na Bolsa de Emprego e e leva algún tempo sen acudir ao Servizo, sería aconsellable que se achegue ata a Oficina e actualice o seus datos na Bolsa así como se anote nas solicitudes do Programa Aula Concello.
AnteriorIr ao listadoSeguinte