¿Xa es usuario do servizo? Identifícate

PROCESO SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE ACTRICES E ACTORES PARA A AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS TEATRAIS (AGADIC)

20/05/2022
Proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, ao abeiro do Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, de dezaoito (18) prazas de actrices e actores, cinco (5) coa categoría de protagonista e trece (13) coa categoría de principais, repartidas nas tres producións do Departamento de Produción Teatral no período 2022-2023
 Co obxecto de levar a cabo as producións teatrais previstas para 2022-2023 e en consecuencia realizar a selección das actrices e actores que formarán parte do elenco, para a súa contratación mediante modalidade de contrato especial para artistas, aprobáronse as bases que rexerán este proceso selectivo.

Conforme o disposto na base novena, para garantir a publicidade deste procedemento,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para a selección de dezaoito (18) prazas de actrices e actores, cinco (5) coa categoría de protagonista e trece (13) coa categoría de principais, repartidas nas tres producións do Departamento de Produción Teatral da Agadic no período 2022-2023.

As bases que rexen este proceso, así como o resto da documentación relativa a esta convocatoria, poden consultarse na páxina web http://www.agadic.gal/ e no taboleiro de anuncios da Axencia.

A presentación de solicitudes e a documentación anexa deberá realizarse preferiblemente por vía electrónica a través do modelo de instancia dispoñible na páxina web da Agadic, no enderezo de correo electrónico audicions.cdg@xunta.gal. Para a presentación poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, inclusive o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria realizaranse conforme o disposto nas bases que se anuncian.

Contra esta convocatoria, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante a Presidencia da Agadic no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Os actos que deriven desta convocatoria poderán ser impugnados nos casos e forma establecidos pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

<< Ver anterior    |    Ir ao listado    |    Ver seguinte >>