SUBVENCIÓN XUNTA DE GALICIA PARA SERVIZOS DE TAXI
10/01/2022
Axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco
ORDE do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco e se convocan para o exercicio 2022 (tramitación anticipada) (código de procedemento IF303A).
DESTINATARIOS: persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: rematará o 14 de outubro de 2022