Curso teleformación para obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática CODIX.

02/06/2021
-
CODIX. Que é?
A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.
Segundo o Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG nº 229 do 30/11/2011) polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, existen varios xeitos de obter a certificación, unha delas é mediante a superación dunha proba convocada pola AMTEGA.
- Aberto o prazo de inscripción dende o xoves 3 de xuño ata o mércores 9 de xuño, inclusive.(https://cemit.xunta.gal/ema)