• Inicio
  • Novas
  • Contratacións ao abeiro do Plan Concellos 2020. Información e códigos de contratación.

Contratacións ao abeiro do Plan Concellos 2020. Información e códigos de contratación.

17/04/2020
O Concello do Porriño ten prevista a contratación de 24 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra que traballarán un máximo de 6 meses (en función do estado de alarma).

As persoas que estean interesadas en participar na preselección que fará a oficina de emprego do Porriño terán que pórse en contacto a través do correo electrónico oficina.emprego.porrino@xunta.es ou no teléfono 886 110 404 para comprobar se xa están inscritos cos códigos correspondentes nas ocupacións demandadas ou ben anotarse no caso de que non o fixeran anteriormente.

A selección e a contratación final levarase a cabo en Porremprego coas persoas preseleccionadas pola oficina de emprego cando a situación que estamos a vivir o permita.

As contratacións previstas e os códigos son os seguintes:

CÓDIGOS
OCUPACIÓNS
28 24 10 65 DIPLOMATURA / GRAO EN TRABALLO SOCIAL
71 31 10 49 OFICIAL 1ª DE CARPINTERÍA
73 12 11 27 OFICIAL 1ª DE SOLDADURA
75 10 10 15 OFICIAL 1ª DE ELECTRICIDADE EN MANTEMENTO E REPARACIÓN EN XERAL
71 21 10 15 OFICIAL 1ª DE ALBANELERÍA
96 01 10 29 PEÓN DE OBRAS PÚBLICAS
95 43 10 28 PEÓN FORESTAL
92 10 10 50 PEÓN LIMPEZA
56 11 10 13 AUXILIAR DE ENFERMERÍA
37 33 10 21 AUXILIAR DE BIBLIOTECA
26 30 10 20 DIPLOMATURA / GRAO EN TURISMO
38 12 10 14 AUXILIAR / TÉCNICO/A EN INFORMÁTICA – ARQUIVO
58 33 10 22 CONSERXE

AnteriorIr ao listadoSeguinte