Medidas adoptadas polo Goberno para aliviar a situación das empresas por mor do Covid 19

13/04/2020
MEDIDAS ADOPTADAS POLO GOBERNO PARA ALIVIAR A SITUACIÓN POLO COVID 19 PARA AS EMPRESAS
1. Aprobación dunha liña de avais de financiamento concedida por entidades de crédito, establecementos financeiros de crédito, entidades de diñeiro electrónico e entidades de pago a empresas para atender as necesidades derivadas da xestión de facturas, necesidade de circulante e necesidades de liquidez entre outras.
2. Plan Acelera para as PEMES co gallo de acelerar o proceso de dixitalización: creación dun portal de información dos recursos dispoñibles para a súa dixitalización e especialmente para solucións de teletraballo. Tamén haberá unha liña de axudas para a dixitalización das mesmas.
3. A Tesourería poderá outorgar moratorias de 6 meses sen xuros ás empresas que o soliciten e cumpran cos requisitos para o pago das súas cotizacións para o período de devengo de abril e xuño 2020 sempre que a actividade non se suspendera por mor do Covid 19. A solicitude realizarase a través do Sistema Red.
4. As empresas, sempre que non teñan outro aprazamento en vigor, poderán solicitar o aprazamento no pago das súas débedas coa Seguridade Social cuxo prazo regulamentario de ingreso teña lugar entre os meses de abril e xuño 2020 cun xuro do 0,5%. As solicitudes deberanse efectuar antes dos dez primeiros días naturais do prazo de ingreso.
5. Devolución dos gastos no recuperables e cotas pagadas para a participación nas feiras ou outras actividades de promoción de comercio internacional convocadas polo ICEX cando sexan aprazadas ou canceladas. No suposto de aprazamento, as empresas serán emprazadas á seguinte convocatoria. No suposto de cancelación se concederán axudas ás empresas.
6. As empresas que tiveran determinados préstamos de EMPRENDETUR verán suspendidos os pagos dos xuros e amortizacións durante un ano.
7. Mentres dure o estado de alarma, as empresas poderán suspender temporalmente ou modificar os seus contratos de subministros de electricidade de titularidade empresarial para contratar outra oferta alternativa coa mesma comercializadora co gallo de adaptar os contratos as novas pautas de consumo, sen cargos. Atenderase tamén os cambios de potencia ou de peaxe de acceso. Unha vez finalizado o estado de alarma, no prazo de 3 meses, a empresa poderá voltar a súa situación inicial. A mesma situación para os contratos de gas.
8. Mentres dure o estado de alarma as empresas poderán solicitar á comercializadora a suspensión do pago das facturas que correspondan a períodos de facturación que conteñan días integrados no estado de alarma dos puntos de subministros de electricidade, gas natural e gases manufacturados e licuados de titularidade empresarial.
9. As empresas que sexan prestatarias de créditos ou préstamos financeiros cuxa titularidade corresponda a unha Comunidade Autónoma ou Entidade Local poderán solicitar o aprazamento do pago do principal e/o xuros para todo o 2020. Para isto é necesario que se vexan afectadas polas medidas adoptadas para paliar a crise sanitaria. Na solicitude se achegará toda a documentación necesaria e será concedida previo informe favorable da consellería ou concellería nun prazo máximo dun mes.
10. As empresas dedicadas as actividades encadradas nos sectores turísticos, así como o comercio e hostalería que estean vinculadas ao sector turístico, que xeren actividade produtiva nos meses de febreiro, marzo, abril, maio e xuño e que inicien ou manteñan en alta ditos meses a ocupación dos/as traballadores/as con contratos fixo descontinuo poderán aplicar unha bonificación eses meses do 50% das cotas empresariais á Seguridade Social por continxencias comúns, desemprego, FOGASA e FP de ditos traballadores, dende o 1/1/2020 ata o 31/12/2020.
11. Poderase aprazar o ingreso das débedas tributarias correspondentes as declaracións – liquidacións e autoliquidacións cuxo prazo de presentación sexa ata o 30/05/2020 e cumpra cos requisitos demandados.
12. As empresas beneficiaras de concesións de instrumentos de apoio financeiro a proxectos industriais poderán solicitar o aprazamento do pago principal e/o xuros sempre que o seu prazo de vencemento sexa inferior a 6 meses a contar dende a entrada en vigor do RD sempre que a crise sanitaria provocara períodos de actividade, redución do volume de vendas ou interrupcións no subministro que dificultaran ou impedisen o pago. Deberá solicitarse sempre antes de que finalice o prazo de pago en período voluntario e deberá ser estimada de forma expresa.
Fontes:
RD 463/2020, de 14 de marzo, por el que se declara el estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19. https://bit.ly/2K1Ylre
RD-L 7/2020, de 12 de marzo, por el que se adoptan medidas urgentes para responder al impacto económico del COVID-19. https://bit.ly/3egMYtb
RD-L 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19. https://bit.ly/2JRO5BE
RD-L 11/2020, de 31 de marzo, por el que se adoptan medidas urgentes complementarias en el ámbito social y económico para hacer frente al COVID-19. https://bit.ly/3ef1FgE